A semana pasada recibimos unha carta de Libriñas, a mascota da biblio, invitándonos a visitala e a empregar o sistema de préstamo durante os tempos de lecer dos martes e venres.
Pero non só nos informaba do horario da biblio senón que tamén nos lembraba que xa estaba pretiño o Samaín e que podíamos participar nunha actividade creativa na que tiñamos que poñer a funcionar o noso maxín: Un Concurso de Relatos Arrepiantes... así que puxémonos mans á obra.
Primeiro comezamos un pequeno obradoiro de escritura na clase: escollemos personaxes tenebrosas, lugares para ambientar os relatos, aventuras e problemas que sucederán na historia... e comezamos a escribir un borrador.
Ese borrador foise convertendo pouco a pouco nun relato ben estruturado, cun inicio, un nó e un desenlace.
E para facilitar a presentación final nos modelos para o concurso, pasamos a ordenador a historia final.
O resultado... para iso teredes que agardar porque non podemos contar nada ata o vindeiro venres.
Ata a próxima monstros verdes! :)