viernes, 7 de junio de 2019

DESPOIS DE MOITO TEMPO VOLVEMOS A VERNOS!

Xa fai máis de ano e medio que non actualizamos o blog, dende setembro de 2017...  pero onte, un monstro verde pediume que subise a fotiño da última xuntanza o pasado mes de maio (e de paso que estaría encantado de que colgáramos todas as cousiñas que tiñamos pendentes dese curso tan especial).
Esto último intentarei facelo pouco a pouco porque si que é verdade que aínda nos quedan moitas actividades por amosarvos :)
Pero as fotos da miña última visita ao cole do Vicedo, esas xa as subo agora mesmiño!
Como vedes nas fotos non estamos todos os monstros verdes :( algúns xa non seguen no cole e Alex, estaba maliño, polo que non puiden saudalo... pero bueno, agardo que vos guste moito vernos xuntos e que a pesar de que algúns xa empezades no instituto o vindeiro curso, sempre vos lembredes do curso tan especial que vivimos, e que sigades sendo bos amigos vaiades a onde vaiades.
Unha aperta monstrosa e moitos pero que moitos bicos para todas e todos!

viernes, 29 de septiembre de 2017

VISITA MONSTROSA!

Comezou un novo curso e como xa sabedes, a galaxia dos monstros verdes fíxose un pouco máis grande... Dous dos monstros cambiamos de ubicación e acabamos ampliando a nosa galaxia ata Covas e Cervo... Pero eso non significa que non nos acordemos uns dos outros!
O pasado mércores fixen unha visita relámpago ata o cole do Vicedo e que ben o pasamos! 
Foi pouquiño tempo pero puidemos falar de como nos foi o verán e coñecer a nova aula de 4º e 5º.
Aquí vos deixamos unha foto para o recordo! Agardo que pasedes un curso xenial e que podamos vernos nalgunha outra ocasión!
Apertas monstrosas para todos!!!

martes, 27 de junio de 2017

PARA OS MEUS MONSTROS VERDES

A ninguén lle gustan as despedidas, nin pensar que o que tan felices nos fixo ten que cambiar de novo, pero é necesario amosar o cariño e dar as grazas a todos, así que non podía facer outra cousa que escribir esta entrada no blog da galaxia dos monstros verdes...
Gracias aos meus nenos e nenas, sí digo "meus" porque logo dun curso xuntos xa somos unha familia enorme, gracias ás familias que sempre nos axudaron a facer deste curso un curso para aprender e crecer como persoas e gracias tamén a todos os que nos seguistes e comentastes neste espazo no que compartimos tantas actividades!
Agardamos que o pasarades ben vendo como traballamos e nos divertidos xuntos, pero non deixedes de seguirnos! que aínda nos quedaron moitas entradas no tinteiro e ao longo do verán (pouco a pouco que estamos de vacacións...) irémolas subindo.
Aquí vos deixo unha imaxe especial... agardo que ningún dos que aparecemos nela esqueza todos os fermosos momentos que pasamos durante este curso :)
MOITOS BICOS MONSTROSOS... 
Sempre seredes os meus monstros verdes!
Vero

martes, 20 de junio de 2017

CASTREXOS E ROMANOS

Está rematando o curso e na aula dos monstros verdes xa somos uns expertos na Prehistoria e Idade Antiga... 
En vindeiras entradas ensinarémosvos un miniproxecto de arte e algunha que outra cousiña, pero hoxe queremos que vexades como a nosa clase se converteu nun pequeno museo romano e castrexo!
En primeiro lugar queremos darlles as grazas á Asociación Terra Copora por deixarnos todas as cousiñas, quedamos abraiados!!! GRACIAS...
E agora... mirade mirade!
Primeiro expuxemos todas as pezas no centro da aula, separándoas entre romanas e castrexas. Como xa sabíamos moitas cousas sobre o Imperio Romano, os Celtas, Os Iberos, Gregos... puidemos ver en que se parecían e diferenciaban entre si e se coincidían coas imaxes que vimos nos libros.
Logo de explorar e falar sobre todas as pezas fixemos un inventario, anotando e ilustrando cada unha delas.
Por último, non puidemos resistirnos a facernos unhas fotos... agardamos que os membros da Asociación Terra Copora non se fixen moito nos atuendos jajajaja queríamos poñer todo xunto aínda que historicamente non fose moi axeitado :)
Pasámolo xenial!!
Ah!! E como a nosa mestra, Vero, é de Lugo, queremos recomendarvos unha festa moi especial, que se celebrará os días 30 de Xuño e 1 e 2 de Xullo, o Arde Lucus. Se ides, seguro que o pasaredes xenial...
Ata a próxima monstros verdes!

martes, 13 de junio de 2017

MONSTROS VERDES... E LECTORES

Para conmemorar o día das nosas letras realizamos moitas actividades ao longo do mes de Maio... 
A que vos ensinamos hoxe é a que fixemos compartindo momentos de lectura e diversión cos compañeiros e compañeiras de 1º e 2º. Esta actividade chámase: MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES!

Foi moi divertido porque cada un de nós tiña que escoller un conto en galego para o noso afillado ou afillada, e lerllo no patio da escola. Parece que non só nos gustou aos padriños e madriñas, porque segundo a enquisa que lles fixemos ao día seguinte todos quedaron encantados e con ganas de repetir!
Aquí vos deixamos as fotos!!

martes, 6 de junio de 2017

CLUB DEPORTIVO BURELA FÚTBOL SALA

O pasado 16 de Marzo tivemos unha visita moi especial... tres xogadores e o adestrador do Club Deportivo Burela Fútbol Sala estiveron no cole!
Primeiro estivemos na biblioteca onde nos ensinaron un vídeo sobre a historia do clube, tanto do equipo masculino coma do feminino. 
 Despois estivemos no pavillón facendo quencemento, exercicios sinxelos co balón e para acabar... xogamos un partido todos xuntos!
Que ben o pasamos! :)

lunes, 5 de junio de 2017

CELEBRANDO O DÍA DA FAMILIA

Na galaxia dos monstros verdes celebramos o día da familia realizando unha actividade moi pero que moi divertida!
Un 3 en Raia para compartir coas nosas nais, pais, avós, irmáns... seguro que disfrutaredes moitísimo xogando xuntos!
E se queredes facer un coma este só tedes que seguir os seguintes pasos:
O primeiro, necesitades ter todos os materiais: un azulexo, unha regra, un rotulador permanente, témpera de cores, pasta branca, moldes de galletas para as formas das fichas, goma eva de cores, torqueladoras e verniz para o acabado brillante.
Agora xa podemos empezar.

1. Dividir o azulexo en 9 partes iguais (nós empregamos a regra para medir... e dividimos entre tres). Unha vez feitas as liñas co rotulador permanente cada un pintamos coas cores que máis nos gustaban.
2. Facer as fichas. Tres con forma de corazón e tres con forma de flor. 
 3. Pintar as fichas de dúas cores. Recoméndase non empregar as mesmas cores escollidas para pintar o azulexo.
 4. Por último, deixar secar e... a xogar! Aquí estamos xogando nós para practicar un pouco antes de levar o xogo para as casas :)
E aquí abaixo podedes ver como Carla está compartindo xogos co seu pai! Misión cumplida!