martes, 20 de junio de 2017

CASTREXOS E ROMANOS

Está rematando o curso e na aula dos monstros verdes xa somos uns expertos na Prehistoria e Idade Antiga... 
En vindeiras entradas ensinarémosvos un miniproxecto de arte e algunha que outra cousiña, pero hoxe queremos que vexades como a nosa clase se converteu nun pequeno museo romano e castrexo!
En primeiro lugar queremos darlles as grazas á Asociación Terra Copora por deixarnos todas as cousiñas, quedamos abraiados!!! GRACIAS...
E agora... mirade mirade!
Primeiro expuxemos todas as pezas no centro da aula, separándoas entre romanas e castrexas. Como xa sabíamos moitas cousas sobre o Imperio Romano, os Celtas, Os Iberos, Gregos... puidemos ver en que se parecían e diferenciaban entre si e se coincidían coas imaxes que vimos nos libros.
Logo de explorar e falar sobre todas as pezas fixemos un inventario, anotando e ilustrando cada unha delas.
Por último, non puidemos resistirnos a facernos unhas fotos... agardamos que os membros da Asociación Terra Copora non se fixen moito nos atuendos jajajaja queríamos poñer todo xunto aínda que historicamente non fose moi axeitado :)
Pasámolo xenial!!
Ah!! E como a nosa mestra, Vero, é de Lugo, queremos recomendarvos unha festa moi especial, que se celebrará os días 30 de Xuño e 1 e 2 de Xullo, o Arde Lucus. Se ides, seguro que o pasaredes xenial...
Ata a próxima monstros verdes!

2 comentarios:

  1. Hola monstros verdes!!!! Encantoume poder leervos todo este ano, e ver como o pasasteis xenial aprendendo cousas novas!!!!
    Ahhhh!!!! claro que nos veremos no Arde lucus!!!! Eu vistome de castrexa!!! Bicos

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola veli!!! Moitas grazas polo cometario!! e por seguirnos durante todo o curso :) Pero... aínda quedan unhas cantas cousiñas que publicar no blog durante o verán... Agardamos que o pases xenial no Arde Lucus!!! :)

      Eliminar