Monstros verdes! Hoxe queremos que vexades algunhas das cousiñas que temos no noso recuncho do proxecto... Nesta ocasión materiais que trouxemos das nosas casas: Libros, fichas, folletos, un planetario... Agora mesmo temos moito máis, coma un crebacabezas en 3D, un lapbook do espazo, contos, mapas, pósters... nestas fotos podedes ver só algún exemplo:
Estes materiais podemos consultalos na biblioteca de aula, e usalos para facer pequenas investigacións, pero ademais se empregan para realizar actividades de matemáticas, linguas, plástica...
E como nos encanta este proxecto, vemos estrelas e planetas por todas partes... dende o "ceo" da nosa aula, ata o chan do patio :)
Xa por último, aquí tedes o enlace dunha canción moi bonita que Vero escoitaba cando era pequena. É unha canción que nos encanta, pero estade atentos porque ten un erro! Descubrídeo, vaivos a encantar! (Texto: Carla S.)
quewuai
ResponderEliminarOhhhhh!!! Moitas gracias polo teu comentario Carmen :)
EliminarE gracias por seguir o noso blog! Moitas apertas monstrosas!