domingo, 26 de febrero de 2017

UN ENTROIDO NO MAR

O pasado venres celebramos unha das festas máis divertidas do ano: O Entroido!!!!
E despois de case unha semana de preparación por fin puidemos lucir os nosos disfraces no gran desfile da escola. 
Mariñeiros, buzos, sardiñas, piratas, medusas e  percebes... todo o cole converteuse nun enorme mar de festa. Nós inspirámonos no conto "El Pez Arcoiris" de Marcus Pfister e caracterizámonos de polbos e peixes arco da vella... mirade, mirade que ben o pasamos!
 Ian e Carla. Alex, Iván e Patricia.
 Germán, Alberto e Patricia. Lorena.
 Carla, Vero e Patricia.
 Patrick, Alex, Héctor, Petru e Iván.
 Lupe, Ana, Vero, Alberto, Germán e Patricia.
 Petru.  Carla e Ian.
 Ana e Patricia.
 Lupe, Carla, Vero e Patricia,
Carla, Andrea, Alex, Iván, Patricia, Ainhara e Alberto.

jueves, 23 de febrero de 2017

24 DE FEBREIRO "DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO"

Hoxe é o Día de Rosalía de Castro, a escritora galega máis importante e admirada. Na aula dos monstros verdes realizaremos unhas actividades de investigación nas que poderemos coñecer un pouquiño máis sobre a súa vida e obra.
E ademais leremos poemas, escoitaremos cancións e veremos traballos de outros coles! Entre todas as fermosas cancións dedicadas a Rosalía, queremos recomendarvos "Rosalía Pequeniña" (Editorial Galaxia. Colección Sonárbore, 2013) interpretada por Uxía e Magín Blanco. Agardamos que vos guste!

martes, 21 de febrero de 2017

PARABÉNS POETAS!

Esta semana estamos contentísimos! :) Non paramos de felicitar aos nosos compañeiros! 
Esta vez, os parabéns son para Ainhara e Patrick que foron os gañadores do concurso "Micropoemas de Amor" organizado polo Equipo de Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do cole. 
Estamos moi contentos polos nosos compis, pero tamén  porque todos traballamos moito para crear uns fermosos poemas de 8 versos... que rimaban!
Felicidades gañadores!!!

lunes, 20 de febrero de 2017

FELICIDADES PATRICIA!

E temos gañadora!!!
A nosa compañeira Patricia foi a gañadora do concurso de debuxo "¿Cómo te gustaría que fuese el coche de tus papás? organizado polo "Salón do Automóvil de Lugo". 
A votación estivo moi axustada pero finalmente Patricia conseguiu o primeiro posto con 340 "likes".
Dende a nosa galaxia de monstros verdes, tamen queremos dar a noraboa á nosa compañeira Aldara de 2º e aos demáis finalistas... Parabéns a todos, debuxástes uns coches chulísimos!
... E como non! moitísimas gracias a todos e todas por votar o debuxo da nosa compañeira, sen todos vós non sería posible! ...

jueves, 16 de febrero de 2017

PROXECTO DOS SERES VIVOS. FLAMENGOS ROSAS

Hoxe queremos que coñezades a uns animais moi divertidos, os flamengos rosas (phoenicopterus roseus). Estas aves poden chegar a superar o metro e medio de altura e as súas características físicas máis destacadas son longas pernas, un pescozo longo e curvado, e como non, a fermosa cor rosada da súa plumaxe.
Pero, por que dicimos que son divertidas estas aves? Pois porque cando camiñan tan xuntiñas parece que están bailando! :)  Mirade, mirade:


Na aula dos monstros verdes realizamos varias actividades relacionadas con este animal vertebrado: Buscar información en libros de animais e na aula TIC da escola, facer un flamengo empregando as nosas mans, témpera rosa e palliñas...
E completar unha pequena ficha de datos:
A verdade é que descubrimos moitas curiosidades, como que son uns animais moi sociais e tranquilos que poden vivir en grandes grupos ou que o que parece o xeonllo da ave, e que dobra ao "revés", é en realidade o seu nocello! 
Se queredes saber tantas cousas de flamengos rosas como nós podedes visitar a web: www.flamencopedia.com

martes, 14 de febrero de 2017

A GALAXIA DOS MONSTROS ROSAS

Esta semana no cole estamos todos moi amorosos! Si, si, celebramos a semana do AMOR: o amor pola nosa familia, polos amigos e amigas, polos animais, pola natureza, o amor por todo o que nos fai sentir ben!
E entre outras actividades agarimosas hoxe elaboramos uns libriños corazón moi chulis. Levounos algo de traballo porque había que facelos con moito coidado, pero a verdade é que quedaron xeniais!
Aquí vos deixamos un vídeo para que vexades como se fan!!! 
Intentádeo seguro que o pasaredes moi ben!


Querédevos moito, pasádeo moi ben, e xa sabedes: esta semana... a nosa galaxia está chea de monstros rosas!! :)

martes, 7 de febrero de 2017

RECOMENDACIÓN LECTORA: A HISTORIA DE ERIKA

Atención monstros verdes! Hoxe queremos recomendarvos un conto moi especial : 
A Historia de Erika
A semana pasada celebramos o Día da Paz e no tempo de ler descubrimos este libro que conta a historia dunha nena que viviu a Segunda Guerra Mundial. É unha historia real, e un pouco triste, pero que nos fai ver que ata nos peores momentos poden pasar cousas máxicas.
Gustounos moito a todos e por iso queremos recomendárvolo!
Agardamos que vos guste tanto como a nós.
(Texto: Petru, Patricia, Ana e Patrick)
A HISTORIA DE ERIKA
AUTORA: Ruth Vander Zee - ILUSTRADOR: Roberto innocenti
EDITORIAL: KALANDRAKA
Se premedes AQUÍ podedes ver un dossier do libro.

lunes, 6 de febrero de 2017

MULTIPLICAR CON DADOS E UN DOMINÓ

Ola monstros verdes! Hoxe queremos amosarvos uns xogos sinxelos e divertidos que podedes facer para practicar as táboas de multiplicar. Só precisades uns dados e un dominó!
Para comezar, aquí tedes unhas fichas que vos servirán para realizar os xogos, son moi doadas de facer!
E para seguir, aquí vos deixamos as instrucións:
Multiplicar con dados: Cada equipo ten dous dados que irán lanzando respectando a orde do equipo (comeza o membro máis novo e se continúa seguindo as agullas do reloxo). Nos recadros das fichas hai que ir debuxando os dados que saen en cada tirada e resolver a operación nas liñas que hai debaixo. 
Multiplicar co dominó: Colócanse as fichas do dominó cara abaixo e vanse collendo de unha en unha respectando a orde do equipo.Cando se colle unha ficha hai que colocala no primeiro recadro e realizar a multiplicación tendo en conta os dous números que aparecen a cada lado (se un lado da ficha está en branco poñeremos o número 0).
                            
Agardamos que vos gusten estas ideas e que o vos animedes a xogar!