Ola monstros verdes! Hoxe queremos amosarvos uns xogos sinxelos e divertidos que podedes facer para practicar as táboas de multiplicar. Só precisades uns dados e un dominó!
Para comezar, aquí tedes unhas fichas que vos servirán para realizar os xogos, son moi doadas de facer!
E para seguir, aquí vos deixamos as instrucións:
E para seguir, aquí vos deixamos as instrucións:
Multiplicar con dados: Cada equipo ten dous dados que irán lanzando respectando a orde do equipo (comeza o membro máis novo e se continúa seguindo as agullas do reloxo). Nos recadros das fichas hai que ir debuxando os dados que saen en cada tirada e resolver a operación nas liñas que hai debaixo.
Multiplicar co dominó: Colócanse as fichas do dominó cara abaixo e vanse collendo de unha en unha respectando a
orde do equipo.Cando
se colle unha ficha hai que colocala no primeiro recadro e realizar a
multiplicación tendo en conta os dous números que aparecen a cada lado (se un
lado da ficha está en branco poñeremos o número 0).
Agardamos que vos gusten estas ideas e que o vos animedes a xogar!
No hay comentarios:
Publicar un comentario