jueves, 16 de febrero de 2017

PROXECTO DOS SERES VIVOS. FLAMENGOS ROSAS

Hoxe queremos que coñezades a uns animais moi divertidos, os flamengos rosas (phoenicopterus roseus). Estas aves poden chegar a superar o metro e medio de altura e as súas características físicas máis destacadas son longas pernas, un pescozo longo e curvado, e como non, a fermosa cor rosada da súa plumaxe.
Pero, por que dicimos que son divertidas estas aves? Pois porque cando camiñan tan xuntiñas parece que están bailando! :)  Mirade, mirade:


Na aula dos monstros verdes realizamos varias actividades relacionadas con este animal vertebrado: Buscar información en libros de animais e na aula TIC da escola, facer un flamengo empregando as nosas mans, témpera rosa e palliñas...
E completar unha pequena ficha de datos:
A verdade é que descubrimos moitas curiosidades, como que son uns animais moi sociais e tranquilos que poden vivir en grandes grupos ou que o que parece o xeonllo da ave, e que dobra ao "revés", é en realidade o seu nocello! 
Se queredes saber tantas cousas de flamengos rosas como nós podedes visitar a web: www.flamencopedia.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario