lunes, 27 de marzo de 2017

EXCURSIÓN A LUGO. 2ª PARTE ("EL PROGRESO" E CASTRO DE VILADONGA")

Aquí tedes a segunda parte da excursión a Lugo: 
A visita ao xornal "El Progreso" (Lugo) e ao Castro de Viladonga no Concello de Castro de Rei.
Mirade un resumo en imaxes:
Cando saímos do Parque de bombeiros e logo de tomar unha pequena merenda, dirixímosnos ao Polígono de O Ceao, onde están as instalacións de montaxe do xornal "El Progreso".
Na entrada había unha sala de exposicións onde vimos uns vídeos e coñecemos moitos detalles sobre a historia de este xornal... sabiades que o primeiro número publicouse no ano 1908? E que en aquel momento só tiña unha portada, unha contraportada e dúas páxinas interiores? Pois si, e ademais na contraportada había un anuncio publicitario posto ao revés para chamar a atención!
 Despois de ver a exposición de xornais de 1908, pasamos a ver os almacéns de papel e as salas de máquinas, que aínda que estaban apagadas eran impresionantes (para poder velas funcionando teríamos que vir de noite que é cando se imprimen os xornais do día seguinte).
 E despois desta interesante visita, comemos á beira do Río Miño, no paseo fluvial! Fixo un día soleado e puidemos gozar da natureza antes de volver ao autobús e dirixirnos a Castro de Rei.
 E xa por último, visitamos o Castro de Viladonga! Onde puidemos visitar o castro e o museo...
 Se queredes coñecer mellor este fermoso xacemento arqueolóxico premede AQUÍ

4 comentarios:

  1. Que excursion tan bonita...Espero que o pasarades tan ben....e que o disfrutadares....

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Siiii pasámolo xenial!!! xa temos ganas de volver a outra jijijijiji Moitas gracias por comentar Mmm

      Eliminar
  2. Oxala foramos OS de sesto😢😢

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola Raúl!!!! Moitas gracias por comentar no noso blog, benvido!!! A nós tamén nos houbera gustado que viñerades os de sexto, pasámolo moi ben con vós na excursión a Ribadeo. A ver si para a próxima coincidimos! Moitas apertas monstrosas

      Eliminar