O pasado martes fixemos a primeira saída do curso... que gañas tiñamos :)
CFC (Centro de Formación para o consumo)... alí realizamos dous obradoiros moi interesantes, e como fixo moi bo tempo aproveitamos para xantar nun parque chulísimo que había xusto ao ladiño.
Como fixemos moitas fotos, que mellor maneira que esa para que vexades o ben que o pasamos, e o moito que aprendemos:
Chegada ao centro. Exposición e información sobre a roda dos alimentos.
Chegada ao centro. Exposición e información sobre a roda dos alimentos.
Comezamos co obradoiro de Alimentación saudable: Elaboración dunha ensalada. O primeiro paso foi elaborar a lista da compra (sen esquecer que temos que engadir á nosa ensalada alimentos enerxéticos, reguladores e construtores)
Coa lista feita, o seguinte paso era ir a mercar ao supermercado. Debíamos adquirir todos os alimentos necesarios para elaborar o noso prato, pero tendo en conta algo importante... os cartos que temos para facer a compra!
Por último xa só queda, elaborar a ensalada...
... e comela!
Pero non pensedes ca ensalada foi suficiente para xantar! Cando rematamos de recoller todo, saímos ao parque e a comer! Por certo, mirade que margarida atopou Patrick... É espectacular, parece como se fosen tres margaridas nunha, e por riba o talo era como aplastado!
Despois de xantar volvimos ao centro a realizar o obradoiro de "BasuArte"... foi moi divertido e ademais axudounos a repasar como separar correctamente os desfeitos para poder reciclarse.
Lembrade ca clave está nas tres R (Reducir, Reutilizar e Reciclar).
Lembrade ca clave está nas tres R (Reducir, Reutilizar e Reciclar).
Pois isto foi todo... a próxima semana máis! (mirade que cadros máis orixinais fixemos con material de refugallo)
Que divertido,preciosos cuadros!!
ResponderEliminarMoitas gracias Natalia!!!! Os cadros quedaron moi chulis... e o mellor de todo, pasámolo xenial reutilizando materiais de refugallo! Biquiños
Eliminar