martes, 18 de abril de 2017

O AMIEIRO "AMIZADE"

Despois duns días de descanso, a galaxia dos monstros verdes volve ao traballo... Pero como aínda nos quedaron temas pendentes, a entrada de hoxe vai adicada á nosa árbore "Amizade".

O pasado 21 de marzo celebramos o Día Internacional dos bosques plantando no patio da escola, un amieiro. E coma sempre, antes de xuntarnos todo o cole, na aula realizamos varias actividades para coñecer algo máis sobre esta árbore que crece nas ribeiras galegas.
Como son as súas follas, o seu tronco, en que outros lugares do mundo crecen os amieiros ou ameneiros, refráns e lendas populares... 
Pero a actividade principal realizámola todos xuntos: plantar un amieiro e poñerlle nome (para o que cada clase decidiu un... a nós gustábanos "Nube"). 
Unha vez rematada a plantación fíxose un sorteo con todos os nomes e saíu "Amizade" o nome proposto polas nenas e nenos de infantil. 
Agardamos que Amizade creza feliz, para nós xa é un monstro verde máis!

1 comentario:

  1. Amizade!!!!.......gustame!!!!! Cando escoito ou leo sobre amieiros sempre me recordo dunha canción que aprendin co profesor de música ( Enrique) cando eu iba o cole do Vicedo.... Vos tamen a sabedes monstros verdes, ensinouvola?? Bicos

    ResponderEliminar