Na aula dos monstros verdes tivemos unha curiosidade... que é un atrapasoños?
E como non nos gusta quedar con dúbidas sobre ningún tema, decidimos investigar sobre estes fermosos amuletos.
Para comezar, fixemos unha actividade impresa onde se explicaba a súa orixe, e a lenda nativa americana que fala deles... e aproveitando que estivemos traballando o xénero literario "A Poesía", na ficha escribimos un poema e reservamos un espazo para ilustrar un atrapasoños.
Agora xa sabíamos o que era un atrapasoño, e para que se empregaba orixinariamente... así que nos puxemos a elaborar uns moi especiais, empregando pratos de cartón decorados, la e cordóns de diferentes cores, plumas e pompóns...
Quedaron xenial e seguro que agora ningún pesadelo se achegará ata os nosos soños...
Animádevos a facer os vosos atrapasoños, se vos fixades nas fotos veredes que é facilísimo!! Agardamos que vos gusten :)
No hay comentarios:
Publicar un comentario