Ola monstros verdes! Hoxe queremos ensinarvos unha maneira de disfrutar do outono e de empregar materiais naturais para realizar obras de arte. Fai unhas semanas saímos ao patio para facer unha busca de tesouros por equipos.
O primeiro que fixemos os membros dos equipos foi anotar as instrucións para saber que era o que tiñamos que conseguir: follas de cores e formas diferentes, ramiñas pequenas... todo recollido do chan. Logo baixamos ao patio cunha caixiña para gardar os materiais, e comezamos a busca.
Non foi moi difícil encontrar todo o que necesitabamos, o vento fixo que o chan estivese repletiño de follas... mirade o resultado:
Pero... isto non foi todo, o contacto coa natureza só foi o primeiro paso da nosa experiencia artística. Pero para seguir vendo o noso traballo tedes que agardar ata a próxima entrada. Apertas galácticas para todos e todas! :)
No hay comentarios:
Publicar un comentario