Ola monstros verdes! seguimos contándovos cousiñas do Samaín... e que esta festa dá para moito! :)
Hoxe queremos falarvos doutra manualidade terrorífica, mirade, mirade!
Os materiais son moi fáciles de conseguir, só precisades rollos de papel hixiénico (só o cartonciño de dentro), pinceis, témperas, tesoiras e cartulina para facer algúns complementos coma as ás dos morcegos ou colas de gatos negros.
Para realizar esta manualidade só tedes que empregar a vosa imaxinación e crear monstros ou animais arrepiantes. Pero tamén vos podedes inspirar vendo imaxes doutros blogs coma fixemos nós.
Se pinchades AQUÍ podedes ver moitas ideas que nos recomenda "ELBLOGVERDE.COM"
Moitos bicos e pasade un bo fin de semana! (Texto: Lorena)
E aquí estamos na aula coas arañas e arañeiras!!
Hola!!chàmome Mila e son mestra en Monforte!!encantanme as manualidades teño que decir que sodes uns artistas!!��
ResponderEliminarSeguireivos encantame esta galaxia!!!
Ola Mila!! Moitas grazas por comentarnos no blog. Encántanos a pulsera que lle regalache a Vero jijiji Gustounos moito o teu cometario, agardamos que nos sigas escribindo! Biquiños
ResponderEliminar