Ola monstros verdes! Hoxe queremos facer unha paréntese e lembrar unha actividade que realizamos a principios do pasado mes de outubro.
Trátase dunha sinxela táboa matemática que nos axudou a traballar a descomposición de números.
Para facela só precisades unha cartolina branca, rotuladores de cores, un sobre e unha regra. E se vos fixades nas fotos, pensamos que non precisaredes ningunha explicación para facer a vosa propia táboa.
Só un truco, necesitades ter números suficientes recortados para poder colocar calquera número aínda que nel se repita sempre a mesma cifra.
Por exemplo: Se a vosa táboa ten ata as unidades de millón necesitaredes facer 7 números 0, 7 números 1, 7 números 2... porque podedes ter que colocar números como 8.888.888 no que só hai oitos (como vedes precisades ter 7 cartolinas co número 8).
Agardamos que vos animedes a facer unha táboa como a nosa, seguro que vos será moi útil.
De seguro que nos resultará moi útil a táboa!!!Noraboa por este magnífico traballo e este blog tan orixinal, seguirémosvos!!!!
ResponderEliminarMoitas apertas dende Cervo!!
Ohhh!!! Que sorpresa levamos esta mañá cando vimos o voso comentario!!! :) Moitas gracias polas vosas palabras, alegrámonos de que vos guste o noso blog! Nós tamén vos seguiremos... xa nos falou Vero de vós, e de Puca! Moitas apertas dende O Vicedo!
Eliminar