Ola monstros verdes! Aquí está a segunda parte da entrada "Estampado de follas". Hoxe dirémosvos como empregamos os materiais naturais para facer composicións artísticas. Recordades que recollemos follas de diferentes tamaños e formas e ramiñas que atopamos no chan? pois agora mirade como facemos...
Primeiro escollemos as follas que queremos usar e as pintamos co pincel e as témperas. Nós empregamos as cores do outono (amarelo, laranxa, marrón..). Unha vez que temos a folla pintada, poñémola na cartolina coa pintura para abaixo claro!, prememos coa man e quitamos a folla moi amodiño. Así, como na foto! Vedes que ben queda!
Pois agora podedes repetilo todas as veces que queirades empregando follas grandes, pequenas, dentadas, alongadas... e para rematar, empregamos as ramiñas para facer un chan que converta as nosas follas estampadas nun bosque fermosísimo! Agardamos que vos guste e que probedes esta técnica tan divertida!
No hay comentarios:
Publicar un comentario