A semana pasada fixemos unha excursión ao Faro de Estaca de Bares continuando coas actividades "Mares de Cultura, os nenos e o mar".
Uns días antes, coma sempre, fixemos unha pequena investigación para coñecelo un pouquiño mellor antes de visitalo.
Descubrimos que está no Concello de Mañón, moi pretiño da nosa escola, que a súa torre mide 30 metros, que está en funcionamento dende 1850... e algo moi importante:
... separa o Mar Cantábrico do Océano Atlántico!
Cando chegamos facía moitísimo vento, mirade que pelos :) Patricia e Lorena case saen voando!
Antes de coñecer a, Eugenio, o fareiro, é obrigado facer unha foto de grupo... esta vez parece que engadimos un monstro verde á nosa clase.. A ver se o atopades! jijijiji
E aquí está Eugenio Linares, o último fareiro de Estaca de Bares...
Explicounos moitas cousas sobre os faros e a súa importancia para a navegación marítima e aérea, pero tamén nos convidou a subir á torre do faro onde puidemos ver a inmensa lámpada, e a fermosa paisaxe co rodea.
Aquí estamos! Foi unha oportunidade única poder subir todos xuntos!
E aproveitando cos compañeiros de 5º e 6º (aos que se sumaron Carla Vale, Alex, Ana e Carla Salgueiro) estaban na torre, nós decidimos dar un pequeno paseo polos arredores.
Foi unha mañá moi interesante e pasámolo xenial! Agardamos que vos gusten as fotos e que visitedes o Faro de Estaca de Bares en canto teñades oportunidade, é precioso!
Se premedes AQUÍ podedes ver un enlace sobre a visita publicado por maresdecultura.es
Ata a próxima monstros verdes!