martes, 9 de mayo de 2017

DIVIDIR CON MATERIAIS NATURAIS

Dividir é repartir!...
Quen dixo que non se podía dividir empregando materiais naturais? Na clase dos monstros verdes pensamos que si somos capaces de repartir un montón de ramiñas entre os catro, xa somos capaces tamén de dividir! Si é así de sinxelo, aínda que logo todo se pode complicar moito moitísimo máis... pero o importante é ir pouco a pouco e entendendo o que facemos. Nesta ocasión Petru, Ainhara, Carla e Lorena saíron ao patio a realizar operacións e traballar a división a través da manipulación, da observación e da experimentación.
E unha vez comprobamos en que consiste o proceso de dividir, comezamos a realizar as operacións no noso caderno. Primeiro con divisións exactas e despois resolvendo operacións un pouco máis complexas.
Para finalizar o proceso facemos a comprobación empregando a calculadora... todo perfecto!!
Pero hoxe non só comprobamos os resultados das divisións... tamén puidemos comprobar que facer mates ao aire libre é posible... e divertido!

No hay comentarios:

Publicar un comentario