A finais de Abril na aula dos monstros verdes plantamos xirasois e flores capuchinas! E como xa tiñamos experiencia de cando plantamos ourego e eneldo, foi moi fácil facelo!
O primeiro que necesitamos foron as sementes, terra preparada, macetas e unha regla porque cada unha delas tiña que ser plantada a unha medida de profundidade diferente.
E puxémonos mans á obra... bueno, máis ben mans á terra :)
Cada un de nós plantou unha especie en cada maceta...
Para sementar medimos os nosos dedos coa regla porque desta maneira era máis sinxelo! En pouco tempo tiñamos 30 sementes perfectamente plantadiñas... agora só nos queda esperar a que nazan!
Pouco a pouco colocamos todas as macetiñas ao lado do noso ourego e eneldo, que se vos fixades veredes que xa comezou a nacer :)
Estade atentos porque en breve informaremos de como evolucionan as nosas plantiñas!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario