miércoles, 24 de mayo de 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2017 - CARLOS CASARES

A semana pasada celebramos o Día das Letras Galegas, que como xa dixemos estivo adicado ao autor Carlos Casares.
Despois de realizar moitas actividades como o Correlingua, investigacións sobre a obra e vida do escritor, lecturas na aula... reunímonos todos na sala de usos múltiples e...
Alí puidemos desfrutar coa lectura colectiva da obra "A Galiña Azul" na que participaron alumnos e alumnas de infantil e primaria...
 
Tamén foi a entrega de premios co concurso "Ilustrando os libros de Carlos Casares"... mirade que marcapáxinas tan fermosos levamos todos os participantes!
E aquí tedes os nosos gañadores! Alberto e Carla Vale

No hay comentarios:

Publicar un comentario