jueves, 11 de mayo de 2017

NO VICEDO FALAMOS GALEGO! CORRELINGUA 2017

O pasado martes 9 de Maio participamos no Correlingua 2017. Este ano a cita para os coles da Mariña era Viveiro así que os monstros verdes preparamos uns carteis chulísimos!
Chegamos á estación de autobuses e dende alí dirixímonos ata a praza Maior, pero non pensedes co único que fixemos foi dar un paseo... a nosa camiñada estivo amenizada de cantigas e rimas en prol do galego:
- De onde vimos? DO VICEDO
- E que falamos? FALAMOS GALEGO!
A Praza Maior estaba repleta de nenos e nenas de outros coles, ao longo da mañá chegamos a participar máis de 2.000 
Na seguinte fotografía estamos cos compis de 5º e 6º e a pancarta que fixeron co lema do Correlingua 2017 " En galego, sen cancelas".
Por último, aproveitando que estabamos en Viveiro, visitamos no Concello a exposición "A Mariña con moita arte" que é un proxecto colaborativo das bibliotecas escolares da zona da Mariña Occidental... Gustounos moitísimo! Se queredes saber máis sobre este proxecto premede AQUÍ
Na Praza vimos a actuación de Cé Orquestra Pantasma e a presentación da actriz Isabel Risco... Pero non puidemos escoitar o pregón nin ver as demais actuacións porque se nos arrefriaba o xantar jijiji para o ano seguro que o vemos enteiriño!
Neste enlace podedes ver a nova no xornal "La Voz de Galicia"

No hay comentarios:

Publicar un comentario