Para comezar a traballar as unidades de lonxitude o mellor é experimentar!
Así que iso foi o que fixemos empregando unhas canicas, unhas cintas métricas e un espazo aberto.
A actividade consistía en lanzar as nosas canicas o máis lonxe posible e medir coas cintas métricas cantos centímetros ou metros de distancia lograron percorrer.
Non foi sinxelo, en algún caso tivemos que medir varias veces porque as algunhas canicas chegaron realmente lonxe.
Unha vez medimos coa cinta métrica, copiamos os datos na ficha de unidades de medida e logo, na aula, pasamos os centímetros a metros...
Por último empregamos outro sistema de medición... unha unidade de lonxitude de orixe natural: os nosos propios pés! empregada en civilizacións antigas, como na Antiga Grecia ou na época dos romanos (o pé romano equivalía a 29,57 cm)
Desta maneira descubrimos como se medían as distancias antes de empregar o sistema métrico decimal. Non era mala idea empregar partes do corpo para medir, pero descubrimos que non eran tan exactas!
Agora só nos queda comprobar que medimos ben comparando os cm e pés que temos apuntados na ficha!
Agora só nos queda comprobar que medimos ben comparando os cm e pés que temos apuntados na ficha!