O pasado mes de Abril visitamos o incrible Museo do Mar que puxo en marcha Daniel Beaz, un veciño do barqueiro.
No Museo puidemos ver moitísimos aparellos mariños, fotografías, cunchas, libros e ata un esqueleto de golfiño...
Non podíamos parar de percorrer as súas salas e descubrir tesouros fantásticos...
Nunca pensamos que tan pretiño do cole puidésemos ver un lugar tan especial, feito con tanto cariño con tantísimas pezas e tan variadas!
Nestas fotos podedes ver tan só unha pequena mostra de todo o que alí descubrimos, foi unha mañá estupenda!
E como na nosa galaxia temos un monstro verde especialmente interesado no mar e en todo o que teña relación con el, quixemos poñer esta foto!!! Aquí tedes ao noso capitán Germán! De seguro que se converterá nun importante oceanógrafo... polo menos! :)
Para finalizar esta entrada, deixámosvos esta foto na que aparecemos co dono do Museo do Mar e cos compis de 5º e 6º.
Son Germán, moitas grazas polo comentario da foto, sí que me gustaría ser biólogo mariño, oxalá o consiga algún día!!!
ResponderEliminarSeguro que o consigues!!! Non temos ningunha dúbida! :) Unha aperta moi forte Germán e a polo teu soño!
Eliminar